jueves, 30 de octubre de 2008

Samhain

Os celtas teñen catro importantes festas, chamadas sabbats. Son o Samhain, o Imbolc, o Beltaine e o Lughnasad. O máis importante é o Samhain, que é o último día do calendario celta. Celébrase o trinta e un de outubro. Neste día conmemórase o recordo dos mortos. Dícese que durante este día a liña que separa o mundo dos vivos e o mundo dos mortos faise máis fina e éstes volven coas súas familias para celebrala festa. É un momento de reflexión e de meditación sobre o que aconteceu no ano anterior: as mortes de familiares ou amigos, discusións etc...

Neste día celébrase, tamén, a morte do Deus celta que logo renacerá na festividade de Yule. Representa o fin dun ciclo e o comezo de outro. Tamén é o mellor momento para a adivinación, para averiguar o que vai acontecer no seguinte ano.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.
En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

FELIZ SAMHAIN A TODOS E QUE SEXA UNHA NOITE CHEA DE MEIGAS E DEMOS PRA TODOS, DENDE AQUÍ FARASE O POSIBELPOR CELEBRALO. UN ABRAZO ENORME PARA TOD@S NUNHA NOITE ASÍ.

PASEDEO BEN CHAVALADA

lunes, 27 de octubre de 2008

Colán



Agora que parece que vos chega a friaxe por ahí poñovos esta fotiño pra darvos envexa. Esta fin de estiven na praia e dinme o meu primer baño nun novo oceano e confirmado bastante quentiña a auda. O problema e que facía bastante vento e ademáis a auga non era cristalina polo que non vías o fondo e está cheo de peixes e da bastante noxo estar pisando todo o rato cousas que se che moven por enbaixo, e ademáis un destes amigos da fauna peruana é a raia e ten un pincho de carallo e seica pica e logo doe bastante ( estilo faneca) pero de momento iso non o comprobamos.

A praia era moi bonita e non había case ninguén, teñen unhas casiñas estilo Malibu na propia area e a verdade estaba todo bastante ben de prezo. Fomos ata aló coa xente de Manitos que é unha ONG que traballa moi ben con nenos.

Este sábado cei unha boa chuleta de porco que facía moito que non a cataba e a verdade que o cocho é o un auténtico luxo ( botando de menos o chourizo e a tetilla e o xamón). O domingo como non podía ser, partidiño cos pacientes do psiquiátrico do Crem en Piura. E hoxe novamente a currar, a ver que facemos para a semana.

Bicos

miércoles, 22 de octubre de 2008



Onte estiven como fotografo no festival dos rapaces dun colexio de aquí que festexaban o seu V aniversario. Foi moi simpático porque sairon neniñ@s de 2 anos ata 6.

Algúns choraban, outro estaban moi tímidos e outros desfrutaron co seu desfile como o que son enanos.

O desfile podíase ser en roupa elegante, tradicional, sport, ou de rúa. Aquí na foto podedes ver a filla de Akasiete ( si é primo do xogador do Almería) que é a do sombreiro amarelo, chamase Dyana e é unha rapaza moi simpatica. O resto son os seus amigos.

O máis divertido pra min foi que case todolos nenos dabanme besos e saudabanme a min porque as profes dicianlle que saudaran e como por mor dos focos non vían a moita xente e eu estaba diante dos focos pra facer as fotos pois fun o máis saudado da noite.

Hoxe vou cear vieiras ( ou concha de abanico como as chaman aquí) a parmesana¡¡¡

martes, 21 de octubre de 2008

Marcandome un Valls



O prometido é debeda así que aquí tendes as fotos do meu espectacular valls¡ Menudo bailarín.

martes, 14 de octubre de 2008

Sarcófagos de Karajía


Unha vez chegados a chachapoyas e tras facer unha inspección o pobo fixemos a primeira viaxe ata Karajia para ver os seus impresionantes sarcófagos.
Situada a 3.500 metros de altitude o principio si que notamos algo a altura pero rápido acostumamonos e recorrimosun par de Km a pe para chegar ata o acantilado onde están situados estes impresionantes personaxes nunha parede de rocha enorme.
Estes sarcófagos están dentro da cultura Chacha e datan entre o 1100-1300 d.c. A cultura chacha sobreviviu ata que os Incas os conquistaron aínda que logo chegaron os españois e tamén os conquistaron.
O noso guía autoctono da rexión non tiña moita idea sobre a historia de estes sarcófagos e eu estou buscando agora na rede e tampocuo hai moita información, incluso vin comentarios de xente que pensan que esta obra está feita por extraterrestres.
A explicación más lóxica que atopei e que son monumentos funerarios coa finalidade vixiasen o desenrolo da vida desta cultura. E como o fixeron tan alto pode ser porque antes o nivel da terra era superior pero durante os anos os corrementos provocan esta espectacular vista.
mañá mais e mellor

Chiclayo


A primeira parada da viaxe foi en Chiclayo, a alí estivemos vendo un Museo impresionante ( para min o mellor museo que vin nunca).
O museo é unha reconstrucción do enterramento atopado do Señor de Sipan da cultura Mochica, cultura que se desenvolveu pola franxa desértica da Costa Norte do Perú. Esta cultura data dende o século I ata o VII despois de Cristo.
No museo podemos ver todolos haxazgos atopados dende o descubrimento do soterramento que podedes ver na foto, onde o crack soterrouse con 4 mulleres, 1 soldado, 1 vixía, 1 neno, can, llamas, vamos de todo para ir tranquiliño para o outro barrio.
O museo está moi currado, unha iluminación impresionante, unha cultura con rasgos similares os exipcios ( claro o digo eu que non che son ningún experto) xa que tamén utilizaron as formas piramidais pero sen a punta, e dicir o de arriba e cadrado, teñen unha cosmovisión similar aínda que o culto principal é a serpe, bueno deixovos o enlace do museo por se queredes botarlle unha ollada: http://sipan.perucultural.org.pe/.
Para os amantes dos museos apuntadeo porque merece a pena. En Chiclayo a 3 horas de Piura.

Chachapoyas que fermoso es

Xa estamos de volta da viaxe a Chachapoyas, estes días ireivos contando toda a viaxe, pero por capítulos xa que tamén hai que traballar e non teño tanto tempo de ocio. A verdade que recomnedovos a zona a todo aquel que teña ou quera vir polo Perú, sobre todo aqueles que vos guste a natureza, camiñar, ruinas.... impresionante.... Tamén recomendovos vir con tempo porque a nós quedaronnos cousiñas que ver. O hotel o que fomos chamabase Revash e a verdade estaba moi ben ( auga quente) e por 12 euros a noite. Nós o ser 7 movimonos en taxis que nos levaban os sitios ( xa que chachapoyas en sí non ten nada) por esas carreteras incribles con baches e mais baches. Bueno comezo a contarvos.

martes, 7 de octubre de 2008

Camino a Chachapoyas



Bueno xentiña, hoxe a noite comezo a miña viaxe o reino de Chachapoyas onde estarei 5 días de ruta e parece ser que dende alí non hai moita comunicación polo que non saberedes nada de min eses días,a volta espero poder contaros moitas cousiñas e ensinarvos moitas fotos. Manterve informado do que queirades a través de mensaxes aínda que non sei se vou ter moita cobertura, e por certo se me facedes perdidas dende ahí saeme con número privado polo que todo o que quera algo que me mande unha mensaxe ou mail. Unha aperta.

domingo, 5 de octubre de 2008

Están Loucos estes peruanos



Onte foi un día de eses memorables. Estivemos traballando ata as 7 da tarde e despois fomos a festa da sobriña de Alberto ( un dos do traballo). A festa é o festexo dos 15 anos por parte das mulleres ( homes 18) e chamanlle a quinceañera.

A festa foi nunha casa onde se xuntaron todolos familiares e amigos e veciños da rapaza e contrataron o DJ e o Speaker da radio local cuns bafles impresionantes. por suposto tamén houbo fotografo que tamén fixo o video da festa.

As 21:30 chegou a quinceañera co seu vestido rosa e comezou a festa. Despois dunhas palabras dos familiares comezaron os bailes coa rapaza, puxeron 6 veces a mesma canción unha especie de valls en castelán e por suposto tiven que bailar eu a 4º peza coa rapaza ( a primeira vez que bailo un valls, que patiño, jajaja). A partir de ahí comezou os familiares a ofrecerme birra e intentar emborracharme ( o final da noite Galiza 1- Perú 0 os dous familiares reventaron de cervexa e eu acabei bastante ben).

En teoría tiñamos que marchar as 22:30 porque logo non había maneira de marchar ( a festa foi en A Unión a 20 km de Sechura) pero fixeronnos a encerrona e estivemos na festa ata as 2 da maña e tivemos que quedarnos a durmir na casa de Alberto e aquí comeza o máis surrealista da noite:

As 4:30 levantouse a sogra e puxese a rezar e falarlle a Deus cun volumen increible, e as 5:30 puxerennos Reggaeton a todo volumen polo que xa non durmimos mías e tivemos que erguernos e voltar para casa pra poder durmir algo.... e agora aquí estamos currando e sufrindo co celtiña que estamos con 10 e non sei se aguantaremos o empate.

jueves, 2 de octubre de 2008

Zamarra Oficial


Hoxe chegoume a fotiño da camisola ( fixome moita ilusión) da cal son nai ou pai con pablo xa que dimos mil voltas en Setembro para que quedase unha cousa curiosa, e penso que o resultado é bo, a min persoalmente gustame moito a camisola.
Agora a ver se os resultados acompañan e facemos unha gran tempada.
¿ gustavos? ¿que opinades?. Os números son estilo Castelao, para vela en acción, este mercores as 18:30 os rapases xogan no Marcote.