
miércoles, 10 de diciembre de 2008
miércoles, 26 de noviembre de 2008
Sarnoso na White House

jueves, 20 de noviembre de 2008
Polbo a Feira
miércoles, 19 de noviembre de 2008
lunes, 10 de noviembre de 2008
Que toda a noite sexa noite de bodas
viernes, 7 de noviembre de 2008
Sen vicio non podo estar, VICIO VICIO

Señores, o de comer arroz todolos días pasa, o de non ter nin tele nin DVD e acostarse cediño sempre pois tamén, pero o de ter que ducharme todolos días con auga fría persoalmente pra min era un tortura que por fín rematou.
Aquí tendes o novedoso método polo cal todalas noites dispoño de 7 litros de auga quentiña que a verdade a desfruto moitísimo.
Consiste en un quentador de auga o cal non lle funciona ben a tapa polo que para pechalo teño que porlle unha tabla de madera máis unha garrafa de plastico de auga cielo. O funcionamento é moi sinxelo, auga o quentador a luz eléctrica encargase de quentar a auguiña a cal vertese na garrafa. Repetimos esta operación 4 veces e xa temos 7 litros de auga quente, logo só falta esperar duas horas a que a auga non estea fervendo, e amigos xa podemos desfrutar dunha ducha con auga quente.
Uns minutiños de auga quente o día non teñen prezo, para todolo demais Mastercard¡¡¡
sábado, 1 de noviembre de 2008
Familia Adams
jueves, 30 de octubre de 2008
Samhain
Os celtas teñen catro importantes festas, chamadas sabbats. Son o Samhain, o Imbolc, o Beltaine e o Lughnasad. O máis importante é o Samhain, que é o último día do calendario celta. Celébrase o trinta e un de outubro. Neste día conmemórase o recordo dos mortos. Dícese que durante este día a liña que separa o mundo dos vivos e o mundo dos mortos faise máis fina e éstes volven coas súas familias para celebrala festa. É un momento de reflexión e de meditación sobre o que aconteceu no ano anterior: as mortes de familiares ou amigos, discusións etc...Neste día celébrase, tamén, a morte do Deus celta que logo renacerá na festividade de Yule. Representa o fin dun ciclo e o comezo de outro. Tamén é o mellor momento para a adivinación, para averiguar o que vai acontecer no seguinte ano.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.
En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
FELIZ SAMHAIN A TODOS E QUE SEXA UNHA NOITE CHEA DE MEIGAS E DEMOS PRA TODOS, DENDE AQUÍ FARASE O POSIBELPOR CELEBRALO. UN ABRAZO ENORME PARA TOD@S NUNHA NOITE ASÍ.
PASEDEO BEN CHAVALADA
lunes, 27 de octubre de 2008
Colán

Agora que parece que vos chega a friaxe por ahí poñovos esta fotiño pra darvos envexa. Esta fin de estiven na praia e dinme o meu primer baño nun novo oceano e confirmado bastante quentiña a auda. O problema e que facía bastante vento e ademáis a auga non era cristalina polo que non vías o fondo e está cheo de peixes e da bastante noxo estar pisando todo o rato cousas que se che moven por enbaixo, e ademáis un destes amigos da fauna peruana é a raia e ten un pincho de carallo e seica pica e logo doe bastante ( estilo faneca) pero de momento iso non o comprobamos.
A praia era moi bonita e non había case ninguén, teñen unhas casiñas estilo Malibu na propia area e a verdade estaba todo bastante ben de prezo. Fomos ata aló coa xente de Manitos que é unha ONG que traballa moi ben con nenos.
Este sábado cei unha boa chuleta de porco que facía moito que non a cataba e a verdade que o cocho é o un auténtico luxo ( botando de menos o chourizo e a tetilla e o xamón). O domingo como non podía ser, partidiño cos pacientes do psiquiátrico do Crem en Piura. E hoxe novamente a currar, a ver que facemos para a semana.
Bicos
miércoles, 22 de octubre de 2008
Onte estiven como fotografo no festival dos rapaces dun colexio de aquí que festexaban o seu V aniversario. Foi moi simpático porque sairon neniñ@s de 2 anos ata 6.
Algúns choraban, outro estaban moi tímidos e outros desfrutaron co seu desfile como o que son enanos.
O desfile podíase ser en roupa elegante, tradicional, sport, ou de rúa. Aquí na foto podedes ver a filla de Akasiete ( si é primo do xogador do Almería) que é a do sombreiro amarelo, chamase Dyana e é unha rapaza moi simpatica. O resto son os seus amigos.
O máis divertido pra min foi que case todolos nenos dabanme besos e saudabanme a min porque as profes dicianlle que saudaran e como por mor dos focos non vían a moita xente e eu estaba diante dos focos pra facer as fotos pois fun o máis saudado da noite.
Hoxe vou cear vieiras ( ou concha de abanico como as chaman aquí) a parmesana¡¡¡
martes, 21 de octubre de 2008
martes, 14 de octubre de 2008
Sarcófagos de Karajía

Chiclayo

Chachapoyas que fermoso es
martes, 7 de octubre de 2008
Camino a Chachapoyas

Bueno xentiña, hoxe a noite comezo a miña viaxe o reino de Chachapoyas onde estarei 5 días de ruta e parece ser que dende alí non hai moita comunicación polo que non saberedes nada de min eses días,a volta espero poder contaros moitas cousiñas e ensinarvos moitas fotos. Manterve informado do que queirades a través de mensaxes aínda que non sei se vou ter moita cobertura, e por certo se me facedes perdidas dende ahí saeme con número privado polo que todo o que quera algo que me mande unha mensaxe ou mail. Unha aperta.
domingo, 5 de octubre de 2008
Están Loucos estes peruanos

Onte foi un día de eses memorables. Estivemos traballando ata as 7 da tarde e despois fomos a festa da sobriña de Alberto ( un dos do traballo). A festa é o festexo dos 15 anos por parte das mulleres ( homes 18) e chamanlle a quinceañera.
A festa foi nunha casa onde se xuntaron todolos familiares e amigos e veciños da rapaza e contrataron o DJ e o Speaker da radio local cuns bafles impresionantes. por suposto tamén houbo fotografo que tamén fixo o video da festa.
As 21:30 chegou a quinceañera co seu vestido rosa e comezou a festa. Despois dunhas palabras dos familiares comezaron os bailes coa rapaza, puxeron 6 veces a mesma canción unha especie de valls en castelán e por suposto tiven que bailar eu a 4º peza coa rapaza ( a primeira vez que bailo un valls, que patiño, jajaja). A partir de ahí comezou os familiares a ofrecerme birra e intentar emborracharme ( o final da noite Galiza 1- Perú 0 os dous familiares reventaron de cervexa e eu acabei bastante ben).
En teoría tiñamos que marchar as 22:30 porque logo non había maneira de marchar ( a festa foi en A Unión a 20 km de Sechura) pero fixeronnos a encerrona e estivemos na festa ata as 2 da maña e tivemos que quedarnos a durmir na casa de Alberto e aquí comeza o máis surrealista da noite:
As 4:30 levantouse a sogra e puxese a rezar e falarlle a Deus cun volumen increible, e as 5:30 puxerennos Reggaeton a todo volumen polo que xa non durmimos mías e tivemos que erguernos e voltar para casa pra poder durmir algo.... e agora aquí estamos currando e sufrindo co celtiña que estamos con 10 e non sei se aguantaremos o empate.
jueves, 2 de octubre de 2008
Zamarra Oficial

lunes, 29 de septiembre de 2008
Asucar
Intenso fin de semana o vivido aquí en Perú. O sábado fomos para Piura onde Lorena e Jose acolleronnos na sua casa durante toda a fin de semana. Comimos Cebichito, de tarde xogamos un partido de futbol nun psiquiatrico con algún dos enfermos, e pola noite tivemos festa de disfraces co resto de xente española que traballa en Piura na cooperación, alemáns, australiano, peruans e seguro que de mais sitios e todo.....
Como vedes na foto eu fun de muller, mais concretamente de Celiz Cruz ( na foto non se ve pero tiña un coxín no cu para facer o persoaxe mais real) pero versión Sabonis pq cos tacóns medía 2 metros. A festa estivo moi ben e paseino xenial, e cando rematou fomos de marcha a unha discoteca que esta moi chula e onde vou escoitando os temas que soaran por ahi nuns meses ( puxeronme A mano de Deus do potro Rodriguez, impresionante), e a verdade foi unha boa festa que acabou as mil.
Foi o chegar a casa cando vin que o Celtiña gañara o seu primer partido que xa ia sendo hora. Todo o domingo o pasamos en Piura comendo, e a noitiña fun o Cine a ver unha película Peruana chamada Vidas Paralelas que trata todo o tema do terrorismo de Sendero Luminoso e a min a verdade e que moito non me gustou pero o resto parece que sairon do cine contentos.
Por certo se alguén escoitou carrusel deportivo o sábado pola tarde dixome Pablo que leron o mail que lles mandei polo que se algun o escoitou si que era eu.... jajajaja. E nada máis darlle as grazas a Lorena e Luis por ser uns grandísimos anfitrións, e que xa comezou unha nova semana de traballo que vai ser moi longa porque a seguinte hai un festivo e queremos facer unha ponte para ir a ver cousiñas enton esta toca currar sabado e domingo tamen polo que..... Un abrazo
viernes, 26 de septiembre de 2008
Último día da semana

Bueno hoxe fai 1 semana que cheguei a Sechura e podese decir que o acoplamento esta sendo bastante bo. Antes de nada por se ledes a noticia na prensa, tele ou radio, morreu un cooperante galego aquí en Perú pero non son eu nin nadie que eu coñecese, era un home de 35 anos que morreu nun accidente de moto e parece ser que as veces traballaba con ESCAES ( a miña ONG).
Unha vez que estades todos tranquilos, estas son as 3 marcas de cervexas peruanas, e a do medio e a que patrocina a meirande parte dos equipos de futbol do país ( de momento so vin esa publicidade nas camisolas), pero a que mais me gusta a min e a cusqueña xa que se parece bastante a estrela galiza.
No traballo xa rematamos de pasar todolos datos o excel e agora xa comezamos a facer gráficas e comparativas que é bastante máis divertido e imaxino que en duas semanas mais ou menos remataremos con este traballo e comezaremos co estudio socio económico e coa saída as caletas.
Vou ir comentando cousas que me chaman a atención de Perú e as suas costumbres. Preto da nosa casa hai unha familia que leva velando un morto xa 1 semana, o principio pensabamos que era un tatanatorio, pero obviamente aquí iso faise na casa, a cuestión e que dende morre a persoa a teñen 2 dias na casa, logo o ceminterio e logo outras 7 días de rezo o cal van toda a familia es os amigos, 9 días velando o morto.
Bueno maña marchamos a Piura que temos unha festa de disfraces o sábado co resto da cooperación galega e española, polo que xa vos contarei o lúns que tal a fin de semana. Bicos xente¡
martes, 23 de septiembre de 2008
No traballo

Hola xentiña, estou no curro nas duas horas de descanso que temos pra comer. A partir de hoxe e nestes 3 meses que teño por estos lares vou comer aqui o caron do traballo( non poño acentos porque non atopo a tecla que o teclado e raro), na casa dunha señora que nos fai como o menu do dia con bebida e fruta de postre por 4 soles ( 1 euro).
Esta horiña e pico que teño aproveito para escoitar musica no youtube ( agora esta sonando Sabina, Con la frente marchita). Estamos avanzando moito en pasar os datos e xa cedo poremonos a facer a linea base, como as conclusions de todolos datos para ver como vai evolucionando a ONG e as suas actuacions. Hoxe de tarde iremos con Gisela e co Profesor Alberrto a Caleta de Las Delicas ( a bahia de Sechura esta composta por 80 km onde estan 5 caletas, Matacabalos que e onde traballan os pescadores de Sechura, Contante, Las delicias, parachique, e Puerto Rico.
A fin de semana pretendemos ir a Piura e ali pois facer mais cousiñas, pero todo ben e xente a veradade e encantadora. Un abrazo. Por certo a foto pilleina no Faro de Vigo de hoxe e pon que e un atardecer dende Cabo Home, homenaxe a peninsula do morraso e os seus habitantes, posiblemente a mellor Peninsula do Mundo.
domingo, 21 de septiembre de 2008
Dia da primavera

sábado, 20 de septiembre de 2008
Integración

viernes, 19 de septiembre de 2008
Por fin en Sechura...........

jueves, 18 de septiembre de 2008
En Piura
Madrid- Bogotá: Debido a un retraso no vo perdimos o enlace en Bogota cara a Lima polo que tivemos que quedarnos unha noite alí, nun hotel que nos puxo air comet de puta nai de 4 estrelas con almorzo incluido. Bogotá un caos de cidade cos militares coas metralletas na porta do noso hotel ( daba mediño) e cunha parte vella bonita. Alí pasamos todo un día de paseo e coñecendo un pouco a cidade e deume un pouquiño de mal de altura con bastante cansancio o caminar.
Bogotá-Lima: A Lima chegamos día seguinte tamén bastante tarde estivemos en un Hostal bastante chulo no barrio de Miraflores, e coñecimos xa o Pacífico, e a costa Peruana. 98 % de humidade polo que xa vos imaxinaredes como estiven ca miña asma, pero todo ben salvo que a raqueliña roubaronlle a carteira.
Lima- Piura: 17 horas de bus, pero a verdade bastante cómodo, con cea incluida. No bus fixeron u Bingo para sortear unha viaxe de volta gratis na mesma compañía e sabedes quen o gañou, jajajaj pois si eu, o que pasa e que caduca os 30 días polo que lo regalei a un paisa que quedou contentisimo. Chegamos onte a Piura por estas horas ( agora son as 11 peruanas as 18:00 en espanha) e estivemos con Lorena ( coordinadora da xunta no norte do perú) e o seu mozo os cales son moi majos e xa nos levaron de comida e cea e xa probei varios pratos típicos: Cebiche de congrio = peixe cruo marinado con limón ( moi rico), arroz de marisco, e un lenguado tamén moi rico, tamén probei o Pisco Sauwer que é o LK de aquí, augardente con zume de lima e canela, impresionantemente bo. Piura é unha cidade pequena e tranquila e parece bastante segura ( Lima e Bogota non e iso que estivemos polos barrios seguros). E nada de momento todo moi ben. Vin a victoria do Xacobeo na volta ( hoxe fai un rato case a seguda...) e tamén a ver se Mosquera ´pasado consegue o podium, vin algo da champions, sei que un atentado e a ilegalización de ANV e vamos que estou bastante informado.
Sen máis mandovos un forte abrazo e ainda non sei cando poderei entrar en Sechura en internet pero penso que como minimo cada finde viremos a Piura e poderei escribir algio. Un forte abrazo e moita sorte o Lume no seu debut en poio que seguro que o facemos de puta nai. Un abrazo e a pesar de 0 goles 0 puntos ALA CELTA¡¡¡ hai que animar que acabamos de comezar. Un forte abrazo
lunes, 15 de septiembre de 2008
Bogatá primeira estación
jueves, 11 de septiembre de 2008
Vémonos en 4 meses

martes, 9 de septiembre de 2008
Homenaxe para os que ninguén recorda

Por iso dende este humilde blog quero facer a miña homenaxe as víctimas dun 11-S moi diferente o de EEUU. O 11 de setembro de 1973 foi derrocado o goberno de Salvador Allende polo alzamento tanto dos altos cargos militares como pola polícia, todo dirixido por Augusto Pinochet e co apoio total dos Estados Unidos de Americas para derrocar a un goberno de esquerdas en Latinoamerica e así evitar a expansión dos gobernos progresistas e contrarios as políticas económicas do xigante ianqui.
Richard Nixon, Henry Kissinger foron os grandes impulsores de este golpe, este último galardoado co premio nobel da o mesmo ano 1973 (manda carallo). O saldo 3.200 mortos, 10.000 torturados, miles de desaparecidos, secuestro de nenos pequenos para darllos a outras familias que apoiaban o golpe, e por suposto 27 anos dunha das dictaduras máis duras e sanguinarias do cono sur.
Por iso hoxe quero recordar a toda esa xente que morreu, sufriu, loitou por culpa dun goberno “democrático” o cal aínda por riba rouboulle o seu día na historia, nembargantes moitos todolos 11-S recordaremos a xentiña asesinada, torturada, perseguida, humillada que surxiu a partir do 11 –S. Vai por vós, non esqueceremos nunca. ( para todo aquel que non vise este corto recomendollo: http://es.youtube.com/watch?v=mXwILMcR_j4
“Por estos muertos, nuestros muertos Pido castigo.Para los que de sangre salpicaron la patria,Pido castigo.Para el verdugo que mandó esta muerte,Pido castigo,Para el traidor que ascendió sobre el crimenPido castigo.Para el que dio la orden de agonía,Pido castigo.Para los que defendieron este crimen,Pido castigo.No quiero que me den la manoEmpapada con nuestra sangre.Pido castigo.No los quiero de embajadores,Tampoco en su casa tranquilos,Los quiero ver aqui juzgados,En esta plaza, en este sitio.Quiero castigo. “
(Pablo Neruda)
Ultimas horas

Perdón por non escribir estes días pero a verdade ando bastante liado, con moitas despedidas e moitas ceas. Xa os nervos comezan a surxir e a verdade teño gañas de liscar e deixar de facer cousas porque é un pouco coñazo. Tiven cena o venres, sábado, domingo, comida o lúns e hoxe o que aínda queda.
Pronto xa estarei máis tranquilo e poderei escribir máis cousiñas. Para os que non o saiban o xoves marcho de vigo e o domingo de Madrid. EN canto chegue a Perú e poida conectarme teredes noticias. Bicos e apertas para tod@s¡ ( a foto non é dunha despedida se non dunha gran churrascada de verán en casa de Berto).
miércoles, 3 de septiembre de 2008
Primeira despedida

domingo, 31 de agosto de 2008
Familia Celeste

Aquí estamos os eternos sufridores, 5 dos 6000 que onte estaban en Balaídos vendo perder o Celtiña no seu debut, pero como os chamo eu son a familia celeste, esa que ves cada 15 días fai xa anos, esas persoas anónimas coas que compartes emocións, bagoas, sonrisas ( ultimamente poucas), nervos e aquí estamos no descanso do partido ( faltan Pauliño e Sindo que onte non puideron asistir).
E para mín esto é o bonito de Balaídos porque fai unha unión especial, moi divertido e extraña. E esta xentiña é realmente esa que sinte o Celta, que ano tras ano xoguemos onde xoguemos, sexa Champions sexa segunda, chegua finais de Agosto e a primeira xornada e alí están, os que nunca fallán, os que sempre están ahó. "como sempre os de sempre". E sei que este ano a pesar de perder onte o primeiro partido este ano vai ser diferente e imos facer unha mellor tempada, non sei se ascenderemos pero imos a estar loitando ata o final e a xente que vaia a balaídos vai a ser vital polo que moita calma, ningún asubío e moito ánimo para o equipo polo menos ata decembro.
E nada darlle un saúdo a toda a xentiña en especial a Andrea e que espero que cando en Febrero volva o meu asento de balaídos poida ver gañar o equipo, e en xunio ir todos a tomarlle unha cervexa a Praza América a festexalo.
SEMPRE CELTA
viernes, 29 de agosto de 2008
Vacina tu fimosis

Adeus Verán, Hola Primavera
Hoxe dou por finalizado o Verán 2008 xa que dentro dunhas horas recollo todo os bartulos e volvo a vigo onde pasarei os días que quedan entre ceas, adestramentos e compras de todalas cousas que terei que levar na viaxe.Foi un bo verán, tranquiliño, sen moito axetreo, con non un gran tempo, pero cunha auga impresionante para darse baños. Un verán onde puiden desfrutar de San Roque ( facía anos que non o facía) cun gran concerto de Siniestro e outro moi bo de Kosturika ( moito ritmo), para o próximo queda pendente a festa do monte na guarda, outra nova cuchi por portonew, a viaxe ás óns, e máis cousas, pero para o próximo máis e mellor. O máis curioso e que vou pasar do verán a Primaveira e a outro Verán, polo que por primeira vez na vida vou pasar un ano sen o Outono, polo que cando chegue en Xaneiro espero conservar o colorciño que teño agora e darvos envidia a todos vós, VOU PASAR O FIN DE ANO EN BAÑADOR NUNHA PRAIA, E NON CON LUVAS NAS OSTRAS¡¡¡¡ Bueno Panxón, vémonos pro ano que ben.... que sexa leve o outono e o inverno¡
jueves, 28 de agosto de 2008
Mitoloxía Inca Vol I

Xa que marchamos ó Perú creo que hai que coñecer un pouco a súa cultura, tradicións, historia e por iso vou ir pouco a pouco contando certas cousas. Haberá máis volumenes da mitoloxía Inca, pero por suposto haberá que comezar co meirande, o creador, así que con vostedes: VIRACOCHA e en Quechua Qun Tiksi Wiraqucha.
Foi considerado como o Deus de Deuses, como Zeus na mitoloxía grega, surxiu da auga e foi o creador do ceo, foi o primeiro deus, e a lenda di así (vai en castelán):
Un día Wiracocha emergió del Lago Titiqaqa junto a algunos ayudantes y castigó a los primeros hombres por ciertos desvaríos y los convirtió en piedras. Quizo Wiracocha mejorar su obra y dividió el cosmos en tres partes: Hanan Pacha ("mundo de arriba"), Kay Pacha (mundo de aquí)y Uqu Pacha ("mundo de adentro"). En el Hanan Pacha creó el sol, la luna, las estrellas y los demás seres celestiales; ordenando sus funciones y recorridos. Para habitar el Kay Pacha creó una nueva generación de hombres y mujeres modelando rocas y piedras que cobraron vida para fundar los diferentes pueblos y reinos. Estos nuevos fundadores salieron del Uqu Pacha (profundidades de la Tierra) a través de las pacarinas: cuevas, lagos y manantiales.
Luego de ordenar las funciones de pueblos, plantas, animales, ríos y todos los seres del mundo, Wiracocha y sus acompañantes se dirigieron hacia el mar y se fueron caminando sobre sus espumas.
Representado de diversas formas dende o Arcaico tardío, Viracocha foi un Deus nómada aínda que as súas orixes parecen estar no Lago Titicaca, tamén estivo por Cuzco e na súa peregrinaxe pasou por Piura (por onde vou eu) e chegou a Tombes fronteira con Ecuador.
E por hoxe creo que vale coa inicialización na mitoloxía Inca. Por certo se vedes a mascotiña que teño agora polo blog entenderedes o seu nome e tamén porque ese animal.
Mañá máis e mellor ( ou non pq é venres e hai que sair de carallada)
Visitantes Internacionais

miércoles, 27 de agosto de 2008
Planing da viaxe

martes, 26 de agosto de 2008
Historia de Piura

Praias de Piura

Colan
Una de las más grandes del litoral. Arenosa, de aguas tranquilas y cálidas. Deportes acuáticos y competencias deportivasEn Colán se encuentra la iglesia de San Lucas, el primer templo cristiano de América del Sur y lugar importante para la historia de la evangelización en el Perú. El balneario es un lugar hermoso, las casas están construidas sobre pilotes de madera, lo que permite que estén muy próximas al mar. La parte sur de la playa es conocida como Las Palmeras. El mar es calmado y tibio.
A Colán se puede llegar cómodamente en automóvil, mientras se recorre la costa observando hermosas playas de arenas doradas y olas dormidas.
Mancora
En la ensenada del mismo nombre, a 180 Kms. de Piura. La playa tiene forma de media luna y su suelo está constituido por arena fina. Sus aguas son tranquilas pero en el sector sur se puede practicar tabla hawaiana ya que el movimiento de las aguas es contínuo.Las palmeras, la arena blanca, el mar azul y verde, sus hermosas visitantes y el cielo transparente hacen del paisaje de Máncora uno de los más completos del Perú. La amabilidad de su gente le da al viajero la oportunidad de disfrutar de un cálido refugio de días maravillosos y de límpidos atardeceres que desafían la imaginación.
Las Pocitas
A sólo dos kilómetros al sur de Máncora se encuentra Pocitas, uno de los balnearios más hermosos de todo el Perú.Su curioso nombre se debe a que en su playa, al bajar la marea, se forman deliciosas piscinas naturales entre las rocas. Esta característica, única en toda la costa peruana, junto a las bellas casas y lindos hospedajes, dan como resultado un lugar paradisiaco y acogedor, ideal para el descanso en familia y para la práctica de deportes acuáticos.
Cabo Blanco
En el distrito del El Alto a 154 Kms. de Piura. Esta caleta famosa a nivel mundial por la pesca de Merlín, es punto de convergencia de las corrientes peruana y ecuatorial. El material de la playa es de arena fina, el movimiento de sus aguas es moderado. Lugar conocido como la playa que inspiró al escritor Ernest Hemingway y su novela "El viejo y el Mar". Además, es uno de los mejores lugares para la pesca, con varios récords mundiales entre los que destaca el del Merlín Negro
Cangrejos
Balneario nuevo y agradable cercano a Yacila. Muy concurrido en verano. Bastante viento y mar bravoPlaya de ambiente muy tranquilo, por el viento que corre y sus olas es un lugar ideal para correr tabla.
Vichayito
La soleada playa de Vichayito se ubica en la costa norte peruana, en el km 1155 de la Panamericana Norte. a 10 km de Las Pocitas y 10 minutos en mototaxi. Buenas olas, paz a raudales y sol todo el año. Algunos pequeños bungallows de alquiler perrniten a los viajeros pernoctar en la playa y disfrutar de una estadía más cómoda y prolongada.
Yacila
Según los más antiguos, el nombre de esta playa se debe en honor a la primera persona que vivió ahí. Tiene una extensión aproximada de 1 Km., su mar es muy limpio, con buenas olas para surfear, con un cerro de arena para hacer sunboard, con una quebrada para escalar, y si sigo nombrando todo lo que está playa ofrece me tomaría mucho tiempo y espacio para contarles.
lunes, 25 de agosto de 2008
Socio Nº 9.737
Hoxe pola mañá fun a Balaídos e renovei o meu carnet do Celta, e aquí está o meu número de socio. A pesar de estar ata xaneiro fora e polo tanto perderme a metade da tempada decidín renovar, a pesar da directiva que temos e de todas as falcatruadas que están a facer con moita xente decidín renovar, a pesar da lamentable imaxe que dimos o ano pasado ( que o último partido de Liga foi un gran retrato : perdón Ferrol) decidí renovar, porque o sentimento celeste levase dentro, na ialma, no corazón, e sei que vivimos anos incribles, Champions, Uefa, un fútbol abraiante, 28.000 persoas nas bancadas, rianxeira vai rianxeira ven, incluso nun mes de Febreiro fomos o mellor equipo do mundo.... pero agora estamos en Segunda, cun clube moi feble e a piques de desaparecer, e por iso creo que debemos apelar o espírito do 94, cando estes xogadores de ahí arriba, conseguirón levernos a aquela final de Madrid con moitos collóns, e sí iso é o que necesitamos, correr moito e sentir moito, e de verdade que penso que este ano a pesar de que non vai a ser nada doado, este ano retornamos a primeira. E PARA TODOS AQUELES QUE NON SABEDES O QUE É O CELTISMO MIRADE ESTE CORTO DE 11 minutos http://es.youtube.com/watch?v=BJkq8QM9_9o .E COMO NON, COMA SEMPRE O SEMPRE........ ALA CELTAAAAAAAA
domingo, 24 de agosto de 2008
J.J.O.O.

Hoxe remataron os xogos olímpicos de Beijing a verdade cun impresionante partido de basket, e coa nova sorpresa da selección de balonmán capaz de dar unha imaxe penosa e logo facer un gran partido. Pero para min o gran protagonista destes xogos a pesar da proeza de Phelps e sen dúbida ese xamaicano que ten unha zancada prodixosa, ese portento da natureza que conseguiu bater os dous records do mundo de 100 e 200 metros, esa bala humana que sen dúbida merece unha gran homenaxe de todolos amantes do deporte do mundo. Só esperemos que dentro duns días non espertemos cunha nova sobre un dopaxe ou algo así, xa que se realmente foi quen de correr en 9.69 coa facilidade que o fixo sen tomar ningún tipo de doping, ese rapaciño é un auténtico monstruo que pode chegar a deixar o Record do Mundo preto dos 9.50 o cal é incrible. Usain CRACK. Noraboa os deportistas galegos pola súa gran actuación con dous oros e duas pratas, e felicitar a David Cal porque o non gañar o ouro non lle dan tanto bombo, pero de novo dúas medallas é de Chapeua. Parabéns. 4 anos para Londres, comeza a conta atrás.
viernes, 22 de agosto de 2008
ESCAES (escuela campesina de educación y salud)
Nuestra asociación fue fundada en la provincia fronteriza de Ayabaca (Piura) el 08 de diciembre de 1989. Se constituyó en Asociación Civil de Derecho Privado y sin fines de lucro el 20 de diciembre del mismo año.Inscrita en los Registros Públicos de Piura, en el Asiento 01 de fojas 105 del tomo 14 del Registro de Asociaciones. Como ONG estamos reconocidos por el Ministerio de la Presidencia por Resolución N° 003-93 PRES-SECTI de fecha 12 de abril de 1993 y se nos ha renovado la inscripción con Resolución Nº 111-2002/PCM-SECTI de fecha 29 de mayo del 2002.
Objetivos
Generar y fortalecer espacios de revalorización y rescate del conocimiento tecnológico andino, que sitúe al campesino como protagonista del proceso, creando la disposición espiritual adecuada con respecto al desarrollo, potenciando y ampliando sus capacidades fundamentales, su identidad andina y la voluntad al cambio sostenido y sustentable.
- Objetivos estratégicos
Coordinar y concertar con las instituciones públicas y privadas así como con los actores sociales, para cumplir con un Plan de Desarrollo Sustentable.
Promover la igualdad de oportunidades entre hombres y mujeres, permitiendo al colectivo femenino, posibilidades de participación y ocupación, teniendo en cuenta la capacidad transformadora y creadora de la mujer.
Aumentar la producción, productividad y rentabilidad mediante el uso de un mejor nivel tecnológico en la producción, cosecha y post - cosecha, así como mejores precios, tanto en la compra de materiales e insumos, como en la comercialización de su producción.
Diversificar la actividad económica rural, mediante la implementación de talleres artesanales para la generación de empleo rural y una mayor rentabilidad económica, como base de sustentabilidad ambiental.
Llevar a cabo la capacitación permanente a Promotores de Salud, Parteras Tradicionales, promotores Agro - ecológicos, y Profesores como pieza clave de todo el programa de desarrollo sostenido y sustentable.
jueves, 21 de agosto de 2008
Sechura


PIURA







