lunes, 29 de septiembre de 2008

Asucar



Intenso fin de semana o vivido aquí en Perú. O sábado fomos para Piura onde Lorena e Jose acolleronnos na sua casa durante toda a fin de semana. Comimos Cebichito, de tarde xogamos un partido de futbol nun psiquiatrico con algún dos enfermos, e pola noite tivemos festa de disfraces co resto de xente española que traballa en Piura na cooperación, alemáns, australiano, peruans e seguro que de mais sitios e todo.....

Como vedes na foto eu fun de muller, mais concretamente de Celiz Cruz ( na foto non se ve pero tiña un coxín no cu para facer o persoaxe mais real) pero versión Sabonis pq cos tacóns medía 2 metros. A festa estivo moi ben e paseino xenial, e cando rematou fomos de marcha a unha discoteca que esta moi chula e onde vou escoitando os temas que soaran por ahi nuns meses ( puxeronme A mano de Deus do potro Rodriguez, impresionante), e a verdade foi unha boa festa que acabou as mil.

Foi o chegar a casa cando vin que o Celtiña gañara o seu primer partido que xa ia sendo hora. Todo o domingo o pasamos en Piura comendo, e a noitiña fun o Cine a ver unha película Peruana chamada Vidas Paralelas que trata todo o tema do terrorismo de Sendero Luminoso e a min a verdade e que moito non me gustou pero o resto parece que sairon do cine contentos.

Por certo se alguén escoitou carrusel deportivo o sábado pola tarde dixome Pablo que leron o mail que lles mandei polo que se algun o escoitou si que era eu.... jajajaja. E nada máis darlle as grazas a Lorena e Luis por ser uns grandísimos anfitrións, e que xa comezou unha nova semana de traballo que vai ser moi longa porque a seguinte hai un festivo e queremos facer unha ponte para ir a ver cousiñas enton esta toca currar sabado e domingo tamen polo que..... Un abrazo

viernes, 26 de septiembre de 2008

Último día da semana



Bueno hoxe fai 1 semana que cheguei a Sechura e podese decir que o acoplamento esta sendo bastante bo. Antes de nada por se ledes a noticia na prensa, tele ou radio, morreu un cooperante galego aquí en Perú pero non son eu nin nadie que eu coñecese, era un home de 35 anos que morreu nun accidente de moto e parece ser que as veces traballaba con ESCAES ( a miña ONG).

Unha vez que estades todos tranquilos, estas son as 3 marcas de cervexas peruanas, e a do medio e a que patrocina a meirande parte dos equipos de futbol do país ( de momento so vin esa publicidade nas camisolas), pero a que mais me gusta a min e a cusqueña xa que se parece bastante a estrela galiza.

No traballo xa rematamos de pasar todolos datos o excel e agora xa comezamos a facer gráficas e comparativas que é bastante máis divertido e imaxino que en duas semanas mais ou menos remataremos con este traballo e comezaremos co estudio socio económico e coa saída as caletas.

Vou ir comentando cousas que me chaman a atención de Perú e as suas costumbres. Preto da nosa casa hai unha familia que leva velando un morto xa 1 semana, o principio pensabamos que era un tatanatorio, pero obviamente aquí iso faise na casa, a cuestión e que dende morre a persoa a teñen 2 dias na casa, logo o ceminterio e logo outras 7 días de rezo o cal van toda a familia es os amigos, 9 días velando o morto.

Bueno maña marchamos a Piura que temos unha festa de disfraces o sábado co resto da cooperación galega e española, polo que xa vos contarei o lúns que tal a fin de semana. Bicos xente¡

martes, 23 de septiembre de 2008

No traballo



Hola xentiña, estou no curro nas duas horas de descanso que temos pra comer. A partir de hoxe e nestes 3 meses que teño por estos lares vou comer aqui o caron do traballo( non poño acentos porque non atopo a tecla que o teclado e raro), na casa dunha señora que nos fai como o menu do dia con bebida e fruta de postre por 4 soles ( 1 euro).

Esta horiña e pico que teño aproveito para escoitar musica no youtube ( agora esta sonando Sabina, Con la frente marchita). Estamos avanzando moito en pasar os datos e xa cedo poremonos a facer a linea base, como as conclusions de todolos datos para ver como vai evolucionando a ONG e as suas actuacions. Hoxe de tarde iremos con Gisela e co Profesor Alberrto a Caleta de Las Delicas ( a bahia de Sechura esta composta por 80 km onde estan 5 caletas, Matacabalos que e onde traballan os pescadores de Sechura, Contante, Las delicias, parachique, e Puerto Rico.

A fin de semana pretendemos ir a Piura e ali pois facer mais cousiñas, pero todo ben e xente a veradade e encantadora. Un abrazo. Por certo a foto pilleina no Faro de Vigo de hoxe e pon que e un atardecer dende Cabo Home, homenaxe a peninsula do morraso e os seus habitantes, posiblemente a mellor Peninsula do Mundo.

domingo, 21 de septiembre de 2008

Dia da primavera


Bueno señores, outro día na vida do cooperante. Escribo tanto en internet porque a verdade aquí cando chega a noitiña pois non hai moito que faer e vimos o ciber a escoitar musica ou leer a prensa.
Hoxe fun o festival da primavera, festa para festexar a entrada na nova estación ( vos no outono jajajaja), e fomos ata un parque onde teñen bichos como esta Llama que está o meu carón. Alí é onde celebrabase o torneo o cal non puidemos gañar pero penso que eu deixei boa imaxe marcando os meus goliños ( mais que futbol sala era futbol praia pq había moitísma area). Comín arroz con langostinos boísimo por 2 euros, e logo estiven vendo a primeira parte dun dos multiples derbis da cidade de Lima entre o Cristal e Alianza de Lima. E logo fixemos a primeira lavadora manual na nosa terraciña ( colguei fotos no facebook para todo aquel que quera velas).
E para os que preguntan pola miña saude, pois polo de agora ben, non teño asma, aínda non probei a folla de coca nin nada similar, e maña as 8 da mañá en pé para comezar unha xornada de 9 horas e media.
Mañá mais e mellor.

sábado, 20 de septiembre de 2008

Fotiños de Sechura City











Integración


Ola Galiza, Bruselas, Mandriles, e resto do Mundo, aquí estou escribindovos a miña vida.
Hoxe comecei a currar, e de momento non é moi apaixoante, de momento estamos actualizando un base de datos sobre a información das 5 caletas de pescadores que forman Sechura. Cando acabemos este traballo de oficina ( penso que como moito 1 semana) tocanos facer un estudio socioeconomico das familias da rexión de Sechura polo que teremos que desplazarnos ata as caletas e falar coas familias e ter un traballo máis en terreo.
Vou colgar máis fotos no facebook onde poderedes ver a miña morada con plasma e tdt, por suposto jacuzzi e auga quente e con servizo de habitación a hora que gustes.... Pero a verdade todo ben, a xente é encantadora moi amable e quedase mirando pra nos todo o tempo.
Hoxe debutei en terras peruanas xogando o futbol sala, ten diferenzas básicas, 1 porteiro e 5 xogadores, como non teñen redes e o campo esta nun alto hai que meter o gol dentro da area polo que entre que hai 6 xogadores e que o campo é enano a verdade e bastante fodido, e por último xogan apostando cada xogador por 5 soles 1.25 euros e se gañas pois gañas iso pra ti e tendo en conta que algún menú vale iso, pois hoxe gañeime a cea xogando o fuchebol xa que gañamos 9-1 cun hattrick e tres asistencias. Maña teño un campionato a eliminatorias directas, penso que dende octavos, xa vos contarei a ver que pasa....
Pra rematar mostras a miña gran ledicia cando hoxe currando chegoume unha mensaxe do mister falando sobre a vitoria do Lume por 1-3 no en Poio equipo da metade da taboa do ano pasado. De verdade gran noticia a recibida.
Sen máis seguimos en contacto, e recordovos que cheganme as mensaxes perfectamente e que vos custa o mesmo que en españa. Bicos

viernes, 19 de septiembre de 2008

fotiño de bogotá


Por fin en Sechura...........


Despois dunha semana agónica de viaxe por fín cheguei a Sechura. XA teño casa para estes tres meses, unha humilde habitación dunha pensión pola que pagaremos 37 euros o mes. Sechura é unha cidade pequena, con moito deserto, moito po, moitas moto taxis, e todo moi barato....
Onte comín en Piura por 5 soles ( 4 soles = 1 euro). Hai moito peixe ( hoxe comín sudao que é algo parecido a unha caldeirada de Peixe) e moi rico e de momento parece que o estomago resiste aínda que imaxino que o final dunha boa cagalera non me librará ninguén.
Xa teño horario de traballo: de 8:30 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 ) horas e media de traballo, aínda que non sabemos moi ben o que imos facer xa que ata o lúns non ven a coordinadora pero parecde bastante interesante....
Por certo o domingo teño un torneo de futbol sala cos compañeiros peruanos da ONG a movida e que xogan con 1 porteiro e cinco xogadores polo que non sei como será.... a por outro título no Perú.
A xente é moi riquiña ainda que quedase mirando pra nos e riese e non me extraña porque levamos unhas pintiñas que............. e nada polo de agora nada máis.... Maña irei ver a primeira praia e xa teño un taller de capacitación.... a ver que tal......
Un saudo xentiña, e tranquilos que de fame non vou morrer que comese moi ben.

jueves, 18 de septiembre de 2008

En Piura

Bueno de novo novas. Xa estou en Piura chegamos onte pola mañá e marcharei mañá cara a Sechura. Vou faceros un resumo da viaxe ata agora aínda que penso que sen fotos xa que tardan bastante en cargarse....

Madrid- Bogotá: Debido a un retraso no vo perdimos o enlace en Bogota cara a Lima polo que tivemos que quedarnos unha noite alí, nun hotel que nos puxo air comet de puta nai de 4 estrelas con almorzo incluido. Bogotá un caos de cidade cos militares coas metralletas na porta do noso hotel ( daba mediño) e cunha parte vella bonita. Alí pasamos todo un día de paseo e coñecendo un pouco a cidade e deume un pouquiño de mal de altura con bastante cansancio o caminar.

Bogotá-Lima: A Lima chegamos día seguinte tamén bastante tarde estivemos en un Hostal bastante chulo no barrio de Miraflores, e coñecimos xa o Pacífico, e a costa Peruana. 98 % de humidade polo que xa vos imaxinaredes como estiven ca miña asma, pero todo ben salvo que a raqueliña roubaronlle a carteira.

Lima- Piura: 17 horas de bus, pero a verdade bastante cómodo, con cea incluida. No bus fixeron u Bingo para sortear unha viaxe de volta gratis na mesma compañía e sabedes quen o gañou, jajajaj pois si eu, o que pasa e que caduca os 30 días polo que lo regalei a un paisa que quedou contentisimo. Chegamos onte a Piura por estas horas ( agora son as 11 peruanas as 18:00 en espanha) e estivemos con Lorena ( coordinadora da xunta no norte do perú) e o seu mozo os cales son moi majos e xa nos levaron de comida e cea e xa probei varios pratos típicos: Cebiche de congrio = peixe cruo marinado con limón ( moi rico), arroz de marisco, e un lenguado tamén moi rico, tamén probei o Pisco Sauwer que é o LK de aquí, augardente con zume de lima e canela, impresionantemente bo. Piura é unha cidade pequena e tranquila e parece bastante segura ( Lima e Bogota non e iso que estivemos polos barrios seguros). E nada de momento todo moi ben. Vin a victoria do Xacobeo na volta ( hoxe fai un rato case a seguda...) e tamén a ver se Mosquera ´pasado consegue o podium, vin algo da champions, sei que un atentado e a ilegalización de ANV e vamos que estou bastante informado.

Sen máis mandovos un forte abrazo e ainda non sei cando poderei entrar en Sechura en internet pero penso que como minimo cada finde viremos a Piura e poderei escribir algio. Un forte abrazo e moita sorte o Lume no seu debut en poio que seguro que o facemos de puta nai. Un abrazo e a pesar de 0 goles 0 puntos ALA CELTA¡¡¡ hai que animar que acabamos de comezar. Un forte abrazo

lunes, 15 de septiembre de 2008

Bogatá primeira estación

Novas dende a capital de colombia. Aquí agora son as duas da madrugada ( spain 9 da mañá) e acabamos de cear despois de un día interminable. O avión de air comet retrasouse polo que perdimos o enlace co o avión de lima polo que estamos pernoctando en bogatá en un hotel impresionante cunha habitación individual para cada un. Maña collemos o avión ás 21:00 horario local 4 da mañá española. Intentarei segui mantervos informados.... Un abrazo pra todos¡¡¡

jueves, 11 de septiembre de 2008

Vémonos en 4 meses


Agora que si que me despido xa, nuns momentiños lisco xa para Madrid, ali pasarei uns días e logo directo a Perú. Levo o movil e en teoría debería de funcionar, e carísimo falar polo que descartado, pero as mensaxes os que estedes aquí saevos como un sms normal a un telefono de Espanha,e a min saeme un pouco máis caro pero non excesivamente polo que de vez en cando ( moi de vez en cando) teredes novas miñas.
Animademe o Celtiña e o Lume que seguro que o final vai a ser un bo ano deportivamente falando. Coidese moito xentiña, vouvos botar de menos.Un forte abrazo.

martes, 9 de septiembre de 2008

Homenaxe para os que ninguén recorda


Maña será o 11-S o famosísimo 11-S, cecais o momento máis televisivo da historia, un día no cal todos sembramos onde estabamos, que facíamos, quen nos chamou para que puxesemos a tele se non a estabamos a mirar, que comimos ese día, todalas informacións sobre as posibles autorías. Foi un día que cambiou moitas cousas do panorama internacional, que limitou os nosos dereitos no Nome da seguridade, imaxes que vimos mil, duas mil, millóns de veces. Dende ese día os telexornais de todo o mundo o 11-S abren a sua emisión cunha conexión dende Nova Iorque contando algún dato novo sobre o sucedido aquel día, sobre a historia impactante dun dos mortos nas torres, ou coas bagoas dalgún familiar que non pode conter a súa emoción.

Por iso dende este humilde blog quero facer a miña homenaxe as víctimas dun 11-S moi diferente o de EEUU. O 11 de setembro de 1973 foi derrocado o goberno de Salvador Allende polo alzamento tanto dos altos cargos militares como pola polícia, todo dirixido por Augusto Pinochet e co apoio total dos Estados Unidos de Americas para derrocar a un goberno de esquerdas en Latinoamerica e así evitar a expansión dos gobernos progresistas e contrarios as políticas económicas do xigante ianqui.

Richard Nixon, Henry Kissinger foron os grandes impulsores de este golpe, este último galardoado co premio nobel da o mesmo ano 1973 (manda carallo). O saldo 3.200 mortos, 10.000 torturados, miles de desaparecidos, secuestro de nenos pequenos para darllos a outras familias que apoiaban o golpe, e por suposto 27 anos dunha das dictaduras máis duras e sanguinarias do cono sur.

Por iso hoxe quero recordar a toda esa xente que morreu, sufriu, loitou por culpa dun goberno “democrático” o cal aínda por riba rouboulle o seu día na historia, nembargantes moitos todolos 11-S recordaremos a xentiña asesinada, torturada, perseguida, humillada que surxiu a partir do 11 –S. Vai por vós, non esqueceremos nunca. ( para todo aquel que non vise este corto recomendollo: http://es.youtube.com/watch?v=mXwILMcR_j4


“Por estos muertos, nuestros muertos Pido castigo.Para los que de sangre salpicaron la patria,Pido castigo.Para el verdugo que mandó esta muerte,Pido castigo,Para el traidor que ascendió sobre el crimenPido castigo.Para el que dio la orden de agonía,Pido castigo.Para los que defendieron este crimen,Pido castigo.No quiero que me den la manoEmpapada con nuestra sangre.Pido castigo.No los quiero de embajadores,Tampoco en su casa tranquilos,Los quiero ver aqui juzgados,En esta plaza, en este sitio.Quiero castigo. “
(Pablo Neruda)

Ultimas horas



Perdón por non escribir estes días pero a verdade ando bastante liado, con moitas despedidas e moitas ceas. Xa os nervos comezan a surxir e a verdade teño gañas de liscar e deixar de facer cousas porque é un pouco coñazo. Tiven cena o venres, sábado, domingo, comida o lúns e hoxe o que aínda queda.

Pronto xa estarei máis tranquilo e poderei escribir máis cousiñas. Para os que non o saiban o xoves marcho de vigo e o domingo de Madrid. EN canto chegue a Perú e poida conectarme teredes noticias. Bicos e apertas para tod@s¡ ( a foto non é dunha despedida se non dunha gran churrascada de verán en casa de Berto).

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Primeira despedida


Destapouse a caixa de pandora e comezaron as despedidas onte. Foi en Santiago no Don Manuel coa xentiña do Master, de dereita a esquerda temos a Xandre ( cangas), Aida (ourense), Laura ( e a rapaza coa que vou a Sechura, Laracha), Oscar ( mozo de Laura), Fernanda ( braga e turka), Luis ( mozo de Helena e de Soutomaior), e Helenita ( Barcelona ou Barna jajaja) que era a homenaxeada xa que estaba de cumpreanos.
E nada pois que teño un calendario de actos e ceas bastante extenso polo que vou chegar a Perú gordito gordito. E que nada decirlle a Aidiña que lle vaia moi ben nas prácticas en Santiago e que xa lle caerá algún regaliño e non sei se utilizar a funda do baixo pra traerlle as pedras esas que me pediu. Tamén onte fun o Decathlon e a miña equipaxe xa aumentou, a ver se hoxe merco a mochila e mais ou menos teño todo. Deica¡¡¡