miércoles, 26 de noviembre de 2008

Sarnoso na White House


Aquí tendes a raza autoctono de can do Perú, ahí onde o vedes feo de carallo, pode ser o can máis poderoso do mundo, pero esa é outra historia.
Aquí, en Perú o máis habitual e ver os cans bastante descoidados, moi fraquiños ( e non sei como pode ser que coa cantidade de polo que comen e polo tanto a de osos que teñen estean así), e sen duda a caracteristica máis común é a sarna. Case todos están sarnosos, e a verdade dan pena, por iso a teoría de Darwin cobra cada vez máis sentido, xa que como podedes observar na foto a parte da cresta que ten ( tipo xefe dos Gremlings) non ten pelo, e iso que tras anos de sarnosidade e picores os bichos decidiron que lles era moito máis util non ter pelo e así ser máis felices.
E claro e logo está o destino e a vida ( esto comentase dende aquí pero tampouco sei se é verdade), e Barack ( WE CAN) sai elexido como o primer presidente algo negro da historia, e como estes gringos son así teñen un absurdo costume de que o presi ten que ter mascota na chabola, e por suposto as fillas do presi son alérxicas os bichos, polo que o único can que pode ser elexido como mascota é o noso amigo o CAN SARNOSO, e así é a vida, pasar de ser o bicho máis feo case que do mundo a pasar a ser o bicho case que máis poderoso do mundo.

jueves, 20 de noviembre de 2008

Polbo a Feira




O polbo que antes estaba vivo e chupando a miña man, onte foi bautizado xunto cos seus irmáns nunha cazola con auga hervindo pra que aquí no Perú puidensen degustar dun sublime Polbo a Feira a pesar dos problemas en atopar pimentón picante ( tivemos que porlle pimenton doce e logo botarlle un salsa picante de aquí). Estaba moi rico a que ten boa pinta???

miércoles, 19 de noviembre de 2008

lunes, 10 de noviembre de 2008

Que toda a noite sexa noite de bodas


Novamente un sábado Piurano convertese nun carnaval continuo. Esta vez de novo unha despedida que convertiuse nunha boda entre Eva e Llanos. A casa Gaaico-Andaluza tocoulle ser a familia de Eva, e como podedes observar eu son a irmá liberal ( e guarrilla) de Eva.
Non vos preocupedes que cando volte a vigo deixareime de por vestidos e esas cousas¡¡¡
A festa foi moi divertida e hasta actuou un grupo criollo que bailou o seu baile típico la marinera, cando funcione o facebook colgarei máis fotos.
Por certo enorme victoria do Lume este sábado no Marcote, seguimos na llama¡¡¡

viernes, 7 de noviembre de 2008

Sen vicio non podo estar, VICIO VICIO



Señores, o de comer arroz todolos días pasa, o de non ter nin tele nin DVD e acostarse cediño sempre pois tamén, pero o de ter que ducharme todolos días con auga fría persoalmente pra min era un tortura que por fín rematou.

Aquí tendes o novedoso método polo cal todalas noites dispoño de 7 litros de auga quentiña que a verdade a desfruto moitísimo.

Consiste en un quentador de auga o cal non lle funciona ben a tapa polo que para pechalo teño que porlle unha tabla de madera máis unha garrafa de plastico de auga cielo. O funcionamento é moi sinxelo, auga o quentador a luz eléctrica encargase de quentar a auguiña a cal vertese na garrafa. Repetimos esta operación 4 veces e xa temos 7 litros de auga quente, logo só falta esperar duas horas a que a auga non estea fervendo, e amigos xa podemos desfrutar dunha ducha con auga quente.

Uns minutiños de auga quente o día non teñen prezo, para todolo demais Mastercard¡¡¡

sábado, 1 de noviembre de 2008

Familia Adams


Onte foi a noite de bruxas tamén por estes lares e novamente disfrazados desfrutamos dunha noite moi divertido e intensa aínda que aquí non se disfraza nin dios polo que a xente mirabanos con cara bastante rara. Eu vou do mordomo ( Jeffry non eh¡¡¡) o que se parece a frankestein. No facebook cando recopile todalas fotoas colgarei más para todos aqueles que queirades velas. Espero que todos tivesedes unha boa noite.
Apertas