miércoles, 22 de octubre de 2008



Onte estiven como fotografo no festival dos rapaces dun colexio de aquí que festexaban o seu V aniversario. Foi moi simpático porque sairon neniñ@s de 2 anos ata 6.

Algúns choraban, outro estaban moi tímidos e outros desfrutaron co seu desfile como o que son enanos.

O desfile podíase ser en roupa elegante, tradicional, sport, ou de rúa. Aquí na foto podedes ver a filla de Akasiete ( si é primo do xogador do Almería) que é a do sombreiro amarelo, chamase Dyana e é unha rapaza moi simpatica. O resto son os seus amigos.

O máis divertido pra min foi que case todolos nenos dabanme besos e saudabanme a min porque as profes dicianlle que saudaran e como por mor dos focos non vían a moita xente e eu estaba diante dos focos pra facer as fotos pois fun o máis saudado da noite.

Hoxe vou cear vieiras ( ou concha de abanico como as chaman aquí) a parmesana¡¡¡

1 comentario:

Anónimo dijo...

mmmmmmmmmm...vieiras, casi me vas dar envexa, jajajaja. eu terei q esperar a fin de ano para volver a comelas...

bikiñosssssss