jueves, 30 de octubre de 2008

Samhain

Os celtas teñen catro importantes festas, chamadas sabbats. Son o Samhain, o Imbolc, o Beltaine e o Lughnasad. O máis importante é o Samhain, que é o último día do calendario celta. Celébrase o trinta e un de outubro. Neste día conmemórase o recordo dos mortos. Dícese que durante este día a liña que separa o mundo dos vivos e o mundo dos mortos faise máis fina e éstes volven coas súas familias para celebrala festa. É un momento de reflexión e de meditación sobre o que aconteceu no ano anterior: as mortes de familiares ou amigos, discusións etc...

Neste día celébrase, tamén, a morte do Deus celta que logo renacerá na festividade de Yule. Representa o fin dun ciclo e o comezo de outro. Tamén é o mellor momento para a adivinación, para averiguar o que vai acontecer no seguinte ano.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.
En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

FELIZ SAMHAIN A TODOS E QUE SEXA UNHA NOITE CHEA DE MEIGAS E DEMOS PRA TODOS, DENDE AQUÍ FARASE O POSIBELPOR CELEBRALO. UN ABRAZO ENORME PARA TOD@S NUNHA NOITE ASÍ.

PASEDEO BEN CHAVALADA

1 comentario:

paideleo dijo...

Graciñas pola información e que pases boa estadía por Perú.