miércoles, 26 de noviembre de 2008

Sarnoso na White House


Aquí tendes a raza autoctono de can do Perú, ahí onde o vedes feo de carallo, pode ser o can máis poderoso do mundo, pero esa é outra historia.
Aquí, en Perú o máis habitual e ver os cans bastante descoidados, moi fraquiños ( e non sei como pode ser que coa cantidade de polo que comen e polo tanto a de osos que teñen estean así), e sen duda a caracteristica máis común é a sarna. Case todos están sarnosos, e a verdade dan pena, por iso a teoría de Darwin cobra cada vez máis sentido, xa que como podedes observar na foto a parte da cresta que ten ( tipo xefe dos Gremlings) non ten pelo, e iso que tras anos de sarnosidade e picores os bichos decidiron que lles era moito máis util non ter pelo e así ser máis felices.
E claro e logo está o destino e a vida ( esto comentase dende aquí pero tampouco sei se é verdade), e Barack ( WE CAN) sai elexido como o primer presidente algo negro da historia, e como estes gringos son así teñen un absurdo costume de que o presi ten que ter mascota na chabola, e por suposto as fillas do presi son alérxicas os bichos, polo que o único can que pode ser elexido como mascota é o noso amigo o CAN SARNOSO, e así é a vida, pasar de ser o bicho máis feo case que do mundo a pasar a ser o bicho case que máis poderoso do mundo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

mira q é feo o condenado!!!jajajaja

Anónimo dijo...

Sabes que ahi a Traska e a Lola ian facer estragos...