
Señores, o de comer arroz todolos días pasa, o de non ter nin tele nin DVD e acostarse cediño sempre pois tamén, pero o de ter que ducharme todolos días con auga fría persoalmente pra min era un tortura que por fín rematou.
Aquí tendes o novedoso método polo cal todalas noites dispoño de 7 litros de auga quentiña que a verdade a desfruto moitísimo.
Consiste en un quentador de auga o cal non lle funciona ben a tapa polo que para pechalo teño que porlle unha tabla de madera máis unha garrafa de plastico de auga cielo. O funcionamento é moi sinxelo, auga o quentador a luz eléctrica encargase de quentar a auguiña a cal vertese na garrafa. Repetimos esta operación 4 veces e xa temos 7 litros de auga quente, logo só falta esperar duas horas a que a auga non estea fervendo, e amigos xa podemos desfrutar dunha ducha con auga quente.
Uns minutiños de auga quente o día non teñen prezo, para todolo demais Mastercard¡¡¡
1 comentario:
non nos detacatamos do ben q vivimos aqui e das comodidades q temos ata q nos faltan eh!jejejeje
Publicar un comentario