
Hoxe día 3 de Marzo é o comezo dunha nova etapa na vida política de este país chamado Galiza e debería de ser o comezo dunha nova etapa de oposición. Hoxe dende este blog quixera denunciar a chamada política lingüística que parece vai chegar dende a Xunta e gracias a plataformas como Galicia Bilingüe ou partidos como UPD.
Nesta campaña penso que escoitamos o debate da Lingua Galega como nunca o escoitaramos dende fai moitos anos, e os que defenden a "liberdade" de elección nos centros educativas eliminandoas linguas vehículares esgrimían como gran razón de peso o fracaso escolar que trae consigo que @s nen@s teñan unha educación en galego.
Pois creo que o mellor para poder contrastar estas posicións son os datos para ver como está a situación da educación en todo o Estado e poder comparar con outras CCAA onde non teñen este ( según os mencionados anteriormente) gran problema.
Os datos que vou a ir utilizando os poderedelos consultar nos links onde poderedes ver a información ampliada:
No informe PISA do ano 2006 veñen os últimos datos a nivel educacional por CCAA, destcar que certas CCAA como: Castilla la Mancha,Madrid, Extemadura,Murcia, Baleares, Canarias e Comunidade Valenciana non facilitaron datos e polo tanto non podemos atopar comparación neste informe aínda que sí noutros que logo comentaremos.
Pois curiosamente no informe do ano 2006 Galicia non é a mellor pero en todolos aspectos está por enriba da media española e nalgúns casos da OCDE: ( http://www.elmundo.es/elmundo/2007/12/04/espana/1196763523.html) e como vedes o Link penso que non é dun periódico nacionalista que cambie os datos para favorecer a Galicia.
O curioso é saber porque hai comunidades que non participaron neste estudio, e buscando datos podemos atoparnos con estos datos de 1999 sobre o fracaso escolar ( http://www.matematicas.profes.net/archivo2.asp?id_contenido=32719). E podemos ver o curioso que resulta ver como as Comunidades que non saían no anterior informe son todas as que sobrepasan o 30%( agás Madrid) mentres que as que sí están no informe incluida Andalucía que é a peor parada neste teñen mellores resultados.
Dende logo penso que con estes datos non podese facer a asociación que se fai entre fracaso escolar e galego porque simplemente é unha falicia, unha estupidez, e unha moda propiciada por grupos de interés con certo poder, certos medios de comunicación e certos lemas que ni son democratas nin libres. Só dicirlle a Rosa Diez que marche a outras comunidades autónomas a dar o coñazo que creo que teñen máis problemas de educación e analfabetismo que en Galiza, e por favor se vostede quere que o Castelán sexa a única lingua do Estado fagao, pero nin veñan enganando nin mentindo porque a única lingua perseguida durante séculos neste caso foi o Galego e o sigue estando e moitas esferas, e só espero que pronto no seu programa tamén opoñase as leis de igualdade de xénero porque teñen unha finalidade moi similar que procurar igualar unha situación que durante lustros foi desigual.
E os señores do PP decirlle que TEMOS UNHA LINGUA E IMOLA A DEFENDER¡¡¡¡

No hay comentarios:
Publicar un comentario