jueves, 22 de enero de 2009

Adeús Avó

O sangue non di o mesmo pero xa sabes que ti pra mín tamén es meu avo, e sí digo es porque hoxe, aínda que marchaches, segues sendo e estando. Non sei, estes días que sabía que o fin estaba preto non facía máis que ter lembranzas nosas que a verdade incluso descoñecía que estabán ahí, non teño moi claro se son invencións da miña mente ou se realmente sucederon.

Lembrome de ti con camisa de tirantes aló no calvario cando era moi pequeno ( si, antes de ir para a doblada) e como contabas contos e xogabas conmigo na cama. Tamén lembro cando subíamos a xogar o futbol o aeroporto cando non estaba todo o aparcadoiro feito, ou como xa cando estabades na doblada íamos a dar paseos pola zoa que está detrás da escola de idiomas e todo aquelo era un campo enorme, manda carallo agora xa está todo completamente urbanizado.

E que me dis de cando estabas alí na mesa da cociña, lendo o xornal perfectamente dobrado e facendo o crucigrama.... e penso que sen dúbida ti es o gran responsable deste celtismo sen filtro polo que tanto desfrutamos e sufrimos, e sei que algún día gañaremos un título e xa que ti non podeches desfrutalo intentarei facelo polos dous.

Martín gracias por ser un Avó caralludo, é unha grandísima persoa, descansa que xa tocaba. Gracias

No hay comentarios: