
Hoxe remataron os xogos olímpicos de Beijing a verdade cun impresionante partido de basket, e coa nova sorpresa da selección de balonmán capaz de dar unha imaxe penosa e logo facer un gran partido. Pero para min o gran protagonista destes xogos a pesar da proeza de Phelps e sen dúbida ese xamaicano que ten unha zancada prodixosa, ese portento da natureza que conseguiu bater os dous records do mundo de 100 e 200 metros, esa bala humana que sen dúbida merece unha gran homenaxe de todolos amantes do deporte do mundo. Só esperemos que dentro duns días non espertemos cunha nova sobre un dopaxe ou algo así, xa que se realmente foi quen de correr en 9.69 coa facilidade que o fixo sen tomar ningún tipo de doping, ese rapaciño é un auténtico monstruo que pode chegar a deixar o Record do Mundo preto dos 9.50 o cal é incrible. Usain CRACK. Noraboa os deportistas galegos pola súa gran actuación con dous oros e duas pratas, e felicitar a David Cal porque o non gañar o ouro non lle dan tanto bombo, pero de novo dúas medallas é de Chapeua. Parabéns. 4 anos para Londres, comeza a conta atrás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario