
Bueno como xa moitos saberes e outros aínda non, pois o día 14 de setembro marcho e cruzo o charco. Voume durante 4 meses a a Latinoamerica, mais concretamente marcho 3 meses a Perú a unha cidade chamada Sechura no departamento de Piura coa ONG ESCAES. Por iso decidín crear este blog para poder matervos informados das miñas andainas por terras andinas, e ver como é a experiencia. Como vedes 3 meses son de traballo, e logo voume 1 mes entero de mochilero por Latinoamerica, destinos aínda moitos deles no aire pero dende logo un dos lugares a visitar é este que vedes na foto, o maxestuoso Machu Pichu. A partir de ahí as opcións son amplias e todo dependerá do diñeiro que me quede da beca, a miña ilusión e ir a Cuba antes de que morra o vello, pero os billetes dende Lima non son nada baratos, outras opcións máis económicas son Chile, Arxentina, e penso que Brasil aínda que este último aínda non o analicei.
Intentarei mantervos informados de toda a viaxe dende hoxe ata o regreso o día 17 de Xaneiro ( espero voltar e voltar ese día, aínda que sei que moitos non me dades moitas opcións jajajaja).
O mochilero manteravos informados.
2 comentarios:
Xa estás na miña vida acuática "linkeado".
Espero que a viaxe che cunda.. pois.. mais ou menos o que che cunde todo!
:)
"Enamorao de la vida,
aunque a veces dueeeeeeeeeelaaaaaaaa"
Unha aperta
outro q marcha, e q sepas q aínda non me convenciches de q existe o amor, jajajaja. a ver quen me aguanta agora este tipo de conversas...
biquiñossssss
(sorte no perú)
Publicar un comentario