
Bueno rapazas e rapaces, xa teño mais ou menos case que todo pechado en canto os medios de transporte e rutas da viaxe. Paso por paso:
1º- O día 11 de setembro collo o tren dende Vigo a Madrid a onde chegarei a noitiña sobre as 21:00 e onde espero quedarme na casa de Luis, Pocho ou Berto ( eso aínda non está confirmado pero espero que o este cedo), polos mandriles estarei 3 noites das cales polo menos unha espero que a Meri, Vero, Ruth saquenme de festa para ver como está a noite madrileña, imaxino que tamén visitarei a varias persoas que andan desperdigadas polo capital do Reino de espanha e para facer algo de turisteo e esas cousas....
2º- Xa o domingo comeza a aventura,no avión vou con Laura, Helena, Raquel, Ruth e Luis. En principio se todo vai ben o avión deberá sair dende a T1 ás 15:10, e se todo vai ven deberíamos chegar ás 18:55 hora local de Bogotá e dicir ás 00:50 de Espanha. Logo coller outro vo as 21:50 de Bogatá e chagar a Lima tamén hora local as 00:50 da noite o que ven sendo en Espanha ás 6:50 da madrugada.
3º- Unha vez en Lima colleremos un taxi e iremos ó hotel Luz de Luna onde ficaremos esa noite, xa que a maña seguinte temos reunión cos membros da Ong de Escaes. Esa tarde pasaremola por Lima e a noite colleremos un autobus que nos levará a Piura.
4º- O traxecto en bus parece apaixoante, son 1000 e pico km de distancia e mais ou menos unhas 15 horas de autobús polas carreteras de Perú ( menudo tute.....) e a verdade xa non sei nin que día nin a que hora local non hora de vigo chegaremos a Piura, neste bus xa só estaremos Laura,Luis, Raquel, Helena e mais eu xa que Ruth tira dende Lima para Cuzco.
5º- Unha vez chagado a Piura imaxino a lo menos pasaremos unha noite alí xa que temos unha reunión planeada con Lorena Peillet que traballa para Xunta e falaremos un pouco sobre o proxecto e información de interese xeral.
6º- Unha vez rematadas todalas xestión en Piura o grupo volvese a dividir, Luis vai para as Lomas, Helena e Raquel a Ayabaca ( Andes) e Lauriña e eu imaxino que de novo en autobús iremos a Sechura pero esta viaxe xa so é de 50 km polo que realmente non sei cando carallo comezarei a traballar....
Non esta mal o viaxecillo non???
Saida 11 de setembro dende vigo, chegada calculo que polo 20 de setembro a sechura.....
2 comentarios:
MIKI!!!! Te vas pal sur... tel a vas a pasar bomba! asegurate de pensar en los que nos quedamos aqui cuando estés fuera!!! besos carinito
Vero
Me apunto al sector no vuelves vivo. Pero ya empiezo a dudar que llegues a Sechura.
Publicar un comentario