
Hola xentiña, estou no curro nas duas horas de descanso que temos pra comer. A partir de hoxe e nestes 3 meses que teño por estos lares vou comer aqui o caron do traballo( non poño acentos porque non atopo a tecla que o teclado e raro), na casa dunha señora que nos fai como o menu do dia con bebida e fruta de postre por 4 soles ( 1 euro).
Esta horiña e pico que teño aproveito para escoitar musica no youtube ( agora esta sonando Sabina, Con la frente marchita). Estamos avanzando moito en pasar os datos e xa cedo poremonos a facer a linea base, como as conclusions de todolos datos para ver como vai evolucionando a ONG e as suas actuacions. Hoxe de tarde iremos con Gisela e co Profesor Alberrto a Caleta de Las Delicas ( a bahia de Sechura esta composta por 80 km onde estan 5 caletas, Matacabalos que e onde traballan os pescadores de Sechura, Contante, Las delicias, parachique, e Puerto Rico.
A fin de semana pretendemos ir a Piura e ali pois facer mais cousiñas, pero todo ben e xente a veradade e encantadora. Un abrazo. Por certo a foto pilleina no Faro de Vigo de hoxe e pon que e un atardecer dende Cabo Home, homenaxe a peninsula do morraso e os seus habitantes, posiblemente a mellor Peninsula do Mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario