
Destapouse a caixa de pandora e comezaron as despedidas onte. Foi en Santiago no Don Manuel coa xentiña do Master, de dereita a esquerda temos a Xandre ( cangas), Aida (ourense), Laura ( e a rapaza coa que vou a Sechura, Laracha), Oscar ( mozo de Laura), Fernanda ( braga e turka), Luis ( mozo de Helena e de Soutomaior), e Helenita ( Barcelona ou Barna jajaja) que era a homenaxeada xa que estaba de cumpreanos.
E nada pois que teño un calendario de actos e ceas bastante extenso polo que vou chegar a Perú gordito gordito. E que nada decirlle a Aidiña que lle vaia moi ben nas prácticas en Santiago e que xa lle caerá algún regaliño e non sei se utilizar a funda do baixo pra traerlle as pedras esas que me pediu. Tamén onte fun o Decathlon e a miña equipaxe xa aumentou, a ver se hoxe merco a mochila e mais ou menos teño todo. Deica¡¡¡
1 comentario:
Bo viaxe, miki!!
Publicar un comentario