sábado, 20 de septiembre de 2008

Integración


Ola Galiza, Bruselas, Mandriles, e resto do Mundo, aquí estou escribindovos a miña vida.
Hoxe comecei a currar, e de momento non é moi apaixoante, de momento estamos actualizando un base de datos sobre a información das 5 caletas de pescadores que forman Sechura. Cando acabemos este traballo de oficina ( penso que como moito 1 semana) tocanos facer un estudio socioeconomico das familias da rexión de Sechura polo que teremos que desplazarnos ata as caletas e falar coas familias e ter un traballo máis en terreo.
Vou colgar máis fotos no facebook onde poderedes ver a miña morada con plasma e tdt, por suposto jacuzzi e auga quente e con servizo de habitación a hora que gustes.... Pero a verdade todo ben, a xente é encantadora moi amable e quedase mirando pra nos todo o tempo.
Hoxe debutei en terras peruanas xogando o futbol sala, ten diferenzas básicas, 1 porteiro e 5 xogadores, como non teñen redes e o campo esta nun alto hai que meter o gol dentro da area polo que entre que hai 6 xogadores e que o campo é enano a verdade e bastante fodido, e por último xogan apostando cada xogador por 5 soles 1.25 euros e se gañas pois gañas iso pra ti e tendo en conta que algún menú vale iso, pois hoxe gañeime a cea xogando o fuchebol xa que gañamos 9-1 cun hattrick e tres asistencias. Maña teño un campionato a eliminatorias directas, penso que dende octavos, xa vos contarei a ver que pasa....
Pra rematar mostras a miña gran ledicia cando hoxe currando chegoume unha mensaxe do mister falando sobre a vitoria do Lume por 1-3 no en Poio equipo da metade da taboa do ano pasado. De verdade gran noticia a recibida.
Sen máis seguimos en contacto, e recordovos que cheganme as mensaxes perfectamente e que vos custa o mesmo que en españa. Bicos

No hay comentarios: