viernes, 19 de septiembre de 2008

Por fin en Sechura...........


Despois dunha semana agónica de viaxe por fín cheguei a Sechura. XA teño casa para estes tres meses, unha humilde habitación dunha pensión pola que pagaremos 37 euros o mes. Sechura é unha cidade pequena, con moito deserto, moito po, moitas moto taxis, e todo moi barato....
Onte comín en Piura por 5 soles ( 4 soles = 1 euro). Hai moito peixe ( hoxe comín sudao que é algo parecido a unha caldeirada de Peixe) e moi rico e de momento parece que o estomago resiste aínda que imaxino que o final dunha boa cagalera non me librará ninguén.
Xa teño horario de traballo: de 8:30 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 ) horas e media de traballo, aínda que non sabemos moi ben o que imos facer xa que ata o lúns non ven a coordinadora pero parecde bastante interesante....
Por certo o domingo teño un torneo de futbol sala cos compañeiros peruanos da ONG a movida e que xogan con 1 porteiro e cinco xogadores polo que non sei como será.... a por outro título no Perú.
A xente é moi riquiña ainda que quedase mirando pra nos e riese e non me extraña porque levamos unhas pintiñas que............. e nada polo de agora nada máis.... Maña irei ver a primeira praia e xa teño un taller de capacitación.... a ver que tal......
Un saudo xentiña, e tranquilos que de fame non vou morrer que comese moi ben.

1 comentario:

Anónimo dijo...

si se come ben é hai futbol xa podes vivir!
cuidate