
Bueno señores, outro día na vida do cooperante. Escribo tanto en internet porque a verdade aquí cando chega a noitiña pois non hai moito que faer e vimos o ciber a escoitar musica ou leer a prensa.
Hoxe fun o festival da primavera, festa para festexar a entrada na nova estación ( vos no outono jajajaja), e fomos ata un parque onde teñen bichos como esta Llama que está o meu carón. Alí é onde celebrabase o torneo o cal non puidemos gañar pero penso que eu deixei boa imaxe marcando os meus goliños ( mais que futbol sala era futbol praia pq había moitísma area). Comín arroz con langostinos boísimo por 2 euros, e logo estiven vendo a primeira parte dun dos multiples derbis da cidade de Lima entre o Cristal e Alianza de Lima. E logo fixemos a primeira lavadora manual na nosa terraciña ( colguei fotos no facebook para todo aquel que quera velas).
E para os que preguntan pola miña saude, pois polo de agora ben, non teño asma, aínda non probei a folla de coca nin nada similar, e maña as 8 da mañá en pé para comezar unha xornada de 9 horas e media.
Mañá mais e mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario