Intenso fin de semana o vivido aquí en Perú. O sábado fomos para Piura onde Lorena e Jose acolleronnos na sua casa durante toda a fin de semana. Comimos Cebichito, de tarde xogamos un partido de futbol nun psiquiatrico con algún dos enfermos, e pola noite tivemos festa de disfraces co resto de xente española que traballa en Piura na cooperación, alemáns, australiano, peruans e seguro que de mais sitios e todo.....
Como vedes na foto eu fun de muller, mais concretamente de Celiz Cruz ( na foto non se ve pero tiña un coxín no cu para facer o persoaxe mais real) pero versión Sabonis pq cos tacóns medía 2 metros. A festa estivo moi ben e paseino xenial, e cando rematou fomos de marcha a unha discoteca que esta moi chula e onde vou escoitando os temas que soaran por ahi nuns meses ( puxeronme A mano de Deus do potro Rodriguez, impresionante), e a verdade foi unha boa festa que acabou as mil.
Foi o chegar a casa cando vin que o Celtiña gañara o seu primer partido que xa ia sendo hora. Todo o domingo o pasamos en Piura comendo, e a noitiña fun o Cine a ver unha película Peruana chamada Vidas Paralelas que trata todo o tema do terrorismo de Sendero Luminoso e a min a verdade e que moito non me gustou pero o resto parece que sairon do cine contentos.
Por certo se alguén escoitou carrusel deportivo o sábado pola tarde dixome Pablo que leron o mail que lles mandei polo que se algun o escoitou si que era eu.... jajajaja. E nada máis darlle as grazas a Lorena e Luis por ser uns grandísimos anfitrións, e que xa comezou unha nova semana de traballo que vai ser moi longa porque a seguinte hai un festivo e queremos facer unha ponte para ir a ver cousiñas enton esta toca currar sabado e domingo tamen polo que..... Un abrazo
2 comentarios:
Pero q guapo!! q bien te lo pasas. 1bs
Que guapa que estás carajo!
Publicar un comentario